miércoles, 13 de mayo de 2009

UN SAÚDO A TODOS DA PROFE



Antes de que o noso blog siga medrando coas entradas e comentarios de todos nós, nenos, profes, amigos e veciños, véxome na obriga de, como persoa responsable deste...(disparatado?)proxecto, a contar os "comos" e "porqués" do asunto.
Son varías as razóns que unha profe debería ter en conta para non abrir un blog escolar:

1ª-Vaia quebradeiro de cabeza e vaia cometempo.

2ª-Sempre pode haber alguén disposto a criticarte e dicir que o tempo adicado a isto e tempo pouco aproveitado ou restado a outras cousas máis importantes e necesarias.

3ª-Todo o que se enseñe aquí, guste ou non, queda sometido á crítica, admiración, envexa, observación e comentario.

4ª-O máis probable é que o que empeza con moitas ganas, co tempo acabe cansando e aburrindo.

5ª-Mmmmmm....Agora non se me ocurre, pero seguro que aparecerán moitas máis.
Hai tamén algunhas as razóns polas que esta profe decideu abrir este blog escolar:

1ª- O manexo das tecnoloxías por parte dos nenos é algo que irremisiblemente nos invade, o uso de Internet como medio de coñecemento, diversión ou comunicación, é algo que pode ser motivo de preocupación ou de angustia por parte dos pais e educadores, preocupación que somentes poderemos controlar, enseñando aos nosos nenos a facer bo uso de todo o que este medio pon ao seu alcance.
2ª- Somos un grupo de nenos e profe suficientemente creativos como para disfrutar compoñendo entradas, deseñando, aprendendo xeitos de presentación, apreciando o valor da boa expresión, da corrección nas formas de comentar.

3ª-Temos un montón de material, tanto en relatos, como en traballo artístico que nos gustaría que recibira o recoñecemento,(posto que nós o compartimos, criticamos e valoramos entre nós mesmos),daqueles que queiran velo, ademáis de poder conservalo nun soporte que vai máis aló dun papel escrito nunha libreta.

4ª-Sabemos que aprenderemos a valorar moitas das cousas que facemos, e aínda que teñamos que sacrificar algúns recreos, aprenderemos algo cada día, desde incluir fotos, vídeos etc.

5ª-A mais importante, nos apetece.


Como profe, responsable de todo o que aquí se poña, teño que agradecer, en primeiro lugar a ilusión dos meus alumnos, dispostos a seguirme nun proxecto e a esforzarse en facelo o mellor posible, sen protestar nunca polo traballo que supón.

A boa acollida por parte dos meus compañeiros que lonxe de intentar disuadirme, recibiron a idea cunha sonrisa.

Aos pais e nais dos meus alumnos pola confianza que depositan en min, e que espero non defraudar.
Un abrazo a todos.