lunes, 15 de junio de 2009

SOMOS MOI ARTISTAS

As clases de plástica son divertidas, aínda que dende que empezou este curso, moitos traballos de plástica tiveron que ver coas festas que celebramos no colexio.No MAGOSTO fixemos con papel de periódico unhas castañas con trenzas.

No SAMAÍN, fixemos unhas arañas monísimas e un ataúde cun esquelete que daba moito medo.

No NADAL axudamos á profe a facer unha boneca do tamaño dun neno que quedou moi ben e a encher con chuches as bolsiñas de celofán que estiveron adornando a árbore e que despois nos comimos todos o último día. Tamén fixemos uns bonecos de neve que puxemos en exposición na entrada do cole.
(os que fixeron os de primeiro,de plastilina, tamén eran bonitísimos).

No ENTROIDO decoramos as nosas roupas e complementos para ir disfrazados de Hippies.(jipis, do canal plus).


Ao longo dos primeiros meses alguns de nós tamén fixemos debuxos sobre os persoaxes dos nosos libros favoritos e sobre lenzo e con pintura acrílica


Tamén fixemos mandalas.

Neste último trimestre estamos facendo figuras de pasta de papel, Meninas e Dragóns e aínda que nos falta un pouco para que queden rematadas, aquí vos poñemos unha imaxen para que vexades como vai indo a cousa.

Andrea Romay,Andrea Martínez e Alba Montemuíño

No hay comentarios:

Publicar un comentario