martes, 23 de junio de 2009

MENINAS E DRAGÓNS, O RESULTADO FINAL

Papel de periódico, cola, pasta de papel e pintura acrílica.
Non é preciso engadir moito a esta entrada, unha imaxe vale máis que mil palabras.
O traballo foi absolutamente gratificante e os resultados están á vista.
O orgullo da profe ante tanto talento artístico,vai por diante.
Si é que donde hai creatividade,esforzo e ganas, non é nada dificil facer cousas bonitas.
Felicidades aos meus nenos por tan bonito traballo.


















lunes, 15 de junio de 2009

SOMOS MOI ARTISTAS

As clases de plástica son divertidas, aínda que dende que empezou este curso, moitos traballos de plástica tiveron que ver coas festas que celebramos no colexio.No MAGOSTO fixemos con papel de periódico unhas castañas con trenzas.

No SAMAÍN, fixemos unhas arañas monísimas e un ataúde cun esquelete que daba moito medo.

No NADAL axudamos á profe a facer unha boneca do tamaño dun neno que quedou moi ben e a encher con chuches as bolsiñas de celofán que estiveron adornando a árbore e que despois nos comimos todos o último día. Tamén fixemos uns bonecos de neve que puxemos en exposición na entrada do cole.
(os que fixeron os de primeiro,de plastilina, tamén eran bonitísimos).

No ENTROIDO decoramos as nosas roupas e complementos para ir disfrazados de Hippies.(jipis, do canal plus).


Ao longo dos primeiros meses alguns de nós tamén fixemos debuxos sobre os persoaxes dos nosos libros favoritos e sobre lenzo e con pintura acrílica


Tamén fixemos mandalas.

Neste último trimestre estamos facendo figuras de pasta de papel, Meninas e Dragóns e aínda que nos falta un pouco para que queden rematadas, aquí vos poñemos unha imaxen para que vexades como vai indo a cousa.

Andrea Romay,Andrea Martínez e Alba Montemuíño

miércoles, 3 de junio de 2009

A MUSICA PARA O NOSO BLOG



Hola a todos e a todas somos Dani,Jose e Sergio.

Ímonos encargar da sección musical do noso blog.

Non estamos moi seguros da música que imos poñer pero por intentalo que non quede(temos que dicir que a profe nos acaba de pillar por sorpresa e nos deu cinco minutos xustiños para facelo)
Así que non esperedes "milajros".
Saudiños

Carlos Baute y Marta Sanchez-Colgando en tus manos.


Beyonce-si yo fuera un chico.

A pena e que a tubemos que cambiar a de melendi por que levava tacos non os de mexico, si non palabrotas.

Saludos.