martes, 17 de noviembre de 2009

PROFE ¡LO FLIPAS! ¡ ESTAMOS TODOS!

Martes 17 de xaneiro de 2009, Caderno de Bitácora da aula de sexto...

Nada máis achegarme á porta da aula, escoitei un barullo inusual que trascendía as paredes e saía pola porta.

A primeira hora tiveran Inglés e iso implica un pouco de movemento de máis polos pasillos, pero aínda así, a sensación de que había moita xente metida na aula foi a máis inmediata.

O primeiro que fixen foi preguntar dende a porta incluso antes de dar os bos días e a resposta non se fixo esperar.
A voz inconfundible de Iván resoou por encima das demais- ¡LO FLIPAS PROFE! ¡ESTAMOS TODOS!
A miña resposta foi inmediata e, sonrindo, en parte pola boa noticia, en parte po lo inxenioso da frase, díxenlle:
-Quero unha entrada para o blog con ese título.

Naturalmente todos nos rimos un pouco, sobre todo porque da gusto volver a ser todos.
Agora estamos a celebralo cun control de fraccións de eses que non contan para nota pero sirven para detectar fallos.

Seguramente seguiremos caendo nos próximos días, de feito, estoulle vendo unha cariña a Noelia moi de "non estar moi alá" pero... en fin, espero que todo vaia mellorando.
Sáudos, A profe.

12 h. 18 min:
Caderno de Bitácora do curso de sexto... bla bla
Que pouco durou o de estar todos ...

Noelia acaba de marchar para casa, púxose mala no recreo e viñérona recoller.
Coidate moito Noelia, un bico da profe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario