jueves, 12 de noviembre de 2009

!TODOS ENFERMOS!!


Nestes meses que levamos de curso, aínda que non vos contamos moito, están a pasar cousas.
Ultimamente temos unha especie de epidemia na clase, na que todos sufrimos un pouco de virasis, gripe, mocos, e aínda que por agora non temos casos da famosa gripe A, xa nos faltan cinco compañeiros,chegaron a faltar seis e cada vez que se recupera un, enferma outro.

A profe di que si seguimos así, acabará habendo na clase un ou dous e engade... "deberíamos quedarnos todos na cama".

No cole tomáronse medidas, púxose xabón nos baños, espendedores de papel para seca-las mans, e nos primeiros días había máis de cincuenta metidos en cada baño, montando a festa e peleándose co papel que non rompía polos puntos nin tirando forte del.

A nosa profe comprounos a nós un desinfectante de eses que se botan na man sen auga e que cheira a alcohol. Nós chamámoslle "o fairy" e usámolo ao entrar a aula.

Aínda así estamos a caer coma moscas e algúns compañeiros non puideron aguantar e....
Agora están na camiña, ben quentiños, vendo telenovelas e roendo nun paquete de galletiñas.
Mandámosvos un bico e dende aquí decímosvos.
¡¡ QUE CHORRAAAAAAAA!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario